Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

“Memoria Histórica de Marín” celebrará o martes o tradicional homenaxe aos fusilados no anivello do 36

Carriola. Redacción.29.12.24.

julio@carriola.es.

Como é xa tradicional porque leva moitos anos celebrándose o acto de lembranza das persoas que perderon a vida o 31 de decembro do ano 1036 entre as que se atopaba o alcalde de Marín Antonio Blanco Solla, a Asociación Pola Memoria Histórica de Marín organiza un novo acto no paseo marítimo qu eleva o nome do rexidor marinense e no que se atopa un sinxelo monumento co seu nome e os compañeiros que seguiron a súa mesma sorte aquela notie aciaga da historia local e Nacional.

Segúndo indican no comunicado de convocatoria, desde o colectivoorganizador Na memoria de Albino Agraso Santamaría, Antonio Blanco Solla, Amando Iglesias Pérez, Demetrio Lorenzo Ordóñez, Santiago Ramos Ramos, Bernardino de la Torre Fernández, fusilados o 31 de decembro de 1936, e das veciñas e veciños que defenderon a liberdade durante a represión franquista, a ARMH de Marín organiza o acto anual de homenaxe e lembranza no Paseo "Alcalde Antonio Blanco", o vindeiro martes día 31, ás 13 horas, no que contaremos coa participación do escritor e investigador Xosé Álvarez Castro. Intervirán Queta Otero e Xulio Pardellas, por parte da asociación, Uxía Lubián Pardellas, coa lectura dun texto, e acompañaranos a música de Ulises Trío.

Na mesma not de convocartoria, APMH  engade Porque non pode entenderse o presente nin construír o futuro se ignoramos o noso pasado, chamamos á participación neste acto de xustiza, verdade e reparación, no que estarán presentes tamén familiares das persoas homenaxeadas.

roslev