Carriola. CAPM.21.01.25.
julio@carriola.es.
O Centro de Atención a Persoas Maiores de Marín anunicia o comenzo do “Obradoiro de achegamento as novas tecnoloxías” aberto ao público dende mañá mércores 22 de xaneiro ata o 9 de abril de 2025.
O Centro de Atención a Persoas Maiores de Marín, pertencente á Rede de centros de maiores da Xunta de Galicia, realizará dende o mércores 22 de xaneiro ata o 9 de abril de 2025 un obradoiro de Achegamento as Novas Tecnoloxías en horario de mañá, dende as 11:00h ata as 12:00h, na Aula Cemit da Biblioteca Municipal de Marín.
O obxecto deste obradoiro é ofrecerlle á comunidade os nosos servizos e contribuír no benestar social das persoas maiores do municipio e con el pretendemos brindar apoio ás persoas maiores no uso das novas tecnoloxías para que poidan desenvolverse na súa vida diaria e sexan coñecedores tanto das utilidades e beneficios como dos perigos e limitacións do seu uso.
A dirección da Aula Cemit na Biblioteca Municpal é a seguinte: Avenida de Ourense, 8 (Marín). O teléfono de contacto para anotarse é o seguinte: 636 578 034 (é preciso chamar ou mandar unha mensaxe para anotarse)