Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Todo preparado para a inauguración da “VII Edición do Stock Marín” na carpa instalada na alameda

Carriola. CCA Estrela de Marín.07.02.25.

julio@carriola.es.  

A VII Edición de STOCK MARÍN, celébrarase desde hoxe, día 7 ao domingo 9 de febreiro, na carpa que se instalada na Alameda “Rosalía de Castro” de Marín onde  Varios establecementos comerciais asociados a Estrela de Marín ofrecen productos de ocasión nunha campaña especial de rebaixas

O acto de inauguración do evento terá lugar hoxe ás 12 horas na Alameda Rosalía de Castro contando coa presenza de dferentes autoridades, entre as que podemos destacar: á Alcaldesa María Ramallo Vázquez, ao Director de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, Gabriel Alén Castro xunto coa presidenta do CCA Estrela de Marín Dª Catalina Conde Manso.

A montaxe desta edición, ubícase nunha carpa climatizada de 35*10 metros, instalada na alameda “Rosalía de Castro”, aproveitando datas, nas que os establecementos comerciais soen aplicar descontos e promocións moi significativos, como son as rebaixas de inverno

Nesta nova edición da feira de oportunidades, trtece establecementos comerciais, ofrecen a uns prezos con grandes descontos, productos relacionados cos seguintes sectores: Moda home – muller, moda infantil, lencería, complementos, calzado, calzado infantil, deportes, bisutería, papelería, material escolar, xoguetería e mercería nun  horario De apertura da feira de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 con entrada libre e gratuíta.

Sorteo presencial de 1000€

Coa finalidade de premiar a fidelidade dos clientes que realicen algunha compra nosestablecementos que participan na acción, celebrarase un sorteo presencial de 1000€. Desde xeito a persoa gañadora disporá de 9 vales de 100€, para canxear nos stands participantes nesta promoción e dun vale de 100€ a maiores que se consumirá no stand que sele a papeleta premiada.

Polas compras efectuadas, os clientes recibirán un flyer A5 que contén un espazo que deberán recurtar e cumplimentar cos datos requeridos (nome completo, dni, idade, PVP da compra efectuada e o selo de establecemento onde se fixo a compra). Para participar no sorteo e optar ao premio dos 1.000€ en vales compra, deberase depositar a papeleta na urna que se habilitará para tal fin no stand do Centro Comercial Aberto Estrela de Marín e estar presente na carpa o domingo ás 17.30. Iranse extraendo papeletas, ata que apareza un/unha gañador/gañadora. A persoa gañadora, deberase acreditar co seu DNI (ou documento análogo).

Ademais, 10.000 domicilios da vila recibiron nos seus buzóns un flyer co que tamén poderán participar no sorteo, se realizan os pasos anteriormente descritos.

Establecementos participantes na VII Edición do Stock Marín

Participan nesta feira de oportunidades os seguintes establecementos: A mi Love, Acolá Trend, Bolboreta, CCA Estrela de Marín, Delirious, El Armario de Alia, El Rincón de Niky, Five Sport, Inés Marcos, Librería Espacio Lector Nobel, Orballo da Ponte, Paíno & Maína, Tamara Onlinee e Tamara Piel.

 

roslev