Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O BNG insta ao PP a chegar a un acordo coas persoas traballadoras municipais e a cumprir as sentenzas xudiciais

Carriola. Lucía Santos Omil (*).08.02.25.

julio@carriola.es.  

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) reafirma o seu apoio ás reivindicacións da Policía Local e do conxunto do persoal funcionario do Concello de Marín. No último pleno extraordinario celebrado o 24 de Xaneiro, a formación nacionalista defendeu as alegacións presentadas aos orzamentos municipais, esixindo que se atendesen as demandas laborais do persoal afectado.

Lucía Santos Omil

Desde hai anos, as persoas traballadoras municipais veñen reclamando melloras laborais e salariais. A Policía Local é a máis prexudicada, ao percibir os salarios máis baixos da provincia de Pontevedra e sufrir unha total falta de transparencia na asignación dos complementos de produtividade por nocturnidade e festividade. Ademais, o Concello acumula unha débeda de seis anos en atrasos salariais, recoñecida en diversas sentenzas xudiciais a favor dos traballadores e das traballadoras.

A modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) foi aprobada en pleno municipal en xullo de 2017, pero, en 2025, o goberno do PP segue sen cumprir co acordo plenario. Nos últimos meses, celebráronse dúas mesas de negociación para actualizar a RPT, mais as propostas foron rexeitadas por unanimidade polos sindicatos, xa que o goberno municipal continúa ignorando as resolucións xudiciais que avalan as demandas laborais do persoal.

Miembros de la Policía Local apostados en la escalera del Concello en señal de protesta

Como portavoz do BNG dvertín no debate dos orzamentos municipais que o incremento do 1,4% é insuficiente para atender os compromisos coa plantilla e o cumprimento das sentenzas, o que supón unha perda de poder adquisitivo para as persoas traballadoras municipais. Ademais, o Concello segue sen contar cun convenio regulador, un plan de igualdade nin un protocolo contra o acoso laboral, evidenciando a falta de compromiso do goberno local cos dereitos laborais.

Tamén denunciamos a falta de transparencia e equidade no reparto dos complementos de produtividade por nocturnidade e festividade. A actual xestión destes incentivos carece de criterios claros, permitindo que o goberno municipal do PP faga un reparto arbitrario das horas extraordinarias, sen control nin xustiza, o que agrava aínda máis a precariedade do persoal.

Instamos á alcaldesa a cumprir cos acordos plenarios, actualizar a RPT e establecer un convenio colectivo que recolla as demandas do persoal municipal. O PP non ten vergoña nin escrúpulos ao negar os soldos que lles corresponden aos traballadores e traballadoras do Concello, mentres os seus concelleiros liberados cobran soldos desproporcionados.

O BNG esixe que o goberno municipal respecte as sentenzas xudiciais e adopte medidas inmediatas para garantir a xustiza laboral no Concello de Marín. Ademais, reclama un control rigoroso e transparente das horas extraordinarias e a publicación detallada dos complementos de produtividade, asegurando un reparto xusto e equitativo.

(*) Lucía Santos Omil, portavoz do BNG na Corporación Municipal

 

roslev