Carriola.Redacción. 12.02.25
julio@carriola.es
El Gobierno Local no ha quedado al margen ayer de la nueva manifestación ante el Concello de los Policías Locales con respecto a la reclamación de lo que consideran sus derechos económicos apoyándose en las sentencias judiciales existentes Y ayer mismo ha emitido el puntualizado comunicado siguiente que reproducimos íntegramente:
* O Concello de Marín sempre pagou as noites e os festivos á Policía Local en concepto de productividade. Isto quere decir que noite feita, noite ou festivo traballado que se paga.
* No 2022, parte da plantilla da Policía Local reclamou no Xulgado o pago das noites e dos festivos que deixaban de facer, e polo tanto de cobrar, durante as vacacións e as baixas laborais
* Fai apenas dous meses, o Xulgado emite unha sentencia favorable, dándolles a razón e obrigando ao Concello a pagar esas noites e festivos concretos dos catro anos anteriores á denuncia (2019-2022) dos periodos de vacacións, baixas ou días libres.
* O Concello acata totalmente esta sentencia. De feito, non a recorreu e está realizando os cálculos do que lle corresponde a cada axente para proceder aos pagos esixidos na mesma
* “Ésto é unha parte que quedará subsanada nestas semanas”
Cambiar la forma del pago de retribuciones
En una segunda batería de justificación de la postura municipal, el Gobierno manifiesta:
* Por outro lado, a sentencia tamén obriga a cambiar a forma na que se pagan as noites e os festivos aos axentes para evitar caer na mesma situación que eles mesmos reclamaron. Así, o que antes se pagaba como productividade, agora pasa ao complemento específico
* O complemento específico forma parte do posto de policía local, polo que estes pagos xa non son individuais, segundo as noites e festivos realizados por cada axente, senón que pasan a ser comúns para toda a plantilla. Polo tanto, todos deberán facer as mesmas noites xa que cobrarán o mesmo por este concepto
* Neste punto, se fixo unha proposta para modificar a RPT que recolle o incremento do complemento específico. Foi presentada nas Mesas de Negociación cos sindicatos, onde xorde a discrepancia por parte da Policía Local
* Polo momento, esta proposta está pendente de informes técnicos municipais para despois elevala ao Pleno da Corporación
* Cabe lembrar que desde o 2011 o equipo de Goberno impulsou varias modificacións da RPT nas que se foron aumentando as retribucións de distintos complementos específicos e de productividade da Policía Local, polo que a súa situación a nivel salarial foi mellorando paulatinamente, así como no resto da plantilla da Casa Consistorial”