Carriola.Redacción. 09.03.25
El acto institucional celebrado ayer en el salón de plenos resultó muy emotivo porque en él se homanajeó a las mujeres concejalas del concello de Marín desde la apertura de la Democracia con especial incidencia en las pioneras de la primera corporación
Con el salón abarrotado de asistentes al acto se inició con unas palabras de la alcaldesa María Ramallo que saludó a los presentes y en especial a las mujeres que eran el objeto del homenaje de las que

Ramallo dijo para empezar su salutación “É de xustiza dar valor ás mulleres que foron pioneiras no activismo político e social nas tres primeiras lexislaturas democráticas do Concello de Marín, sendo a primeira constituída o 19 de abril de 1979. O seu labor foi indispensable para abrir camiños a outras mulleres, espertando as súas inquedanzas políticas e sociais”.
“Grazas por iluminar un sendeiro que moitas de nós continuamos en diferentes eidos, na política, ao fronte de asociacións, e en xeral, na loita polos nosos dereitos - continuó - É o estandarte dunha sociedade democrática, onde todas as persoas son iguais ante a lei, sen discriminación algunha por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social, tal e como se recolle no artigo 14 da nosa Constitución”.
DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DO CONCELLO DE MARÍN SOBRE O 8M, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2024

Enriqueta Otero Farto “Molas”, fue la encargada de leer la Declaración Institucional cuy texto íntegro es el siguiente:
“Chega o mes de marzo e, con el, unha das datas de maior prioridade para a nosa sociedade e, polo tanto, para as institucións que a representan: o Día Internacional da Muller. Un día no que poñer en primeiro plano as xustas e necesarias reivindicacións que é preciso abordar para acadar a igualdade plena entre homes e mulleres.
Non podemos negar os importantes avances que se veñen acadado en materia de feminismo e igualdade de xénero , pero aínda queda moito por facer e neste 2025 queremos mirar cara atrás e recoñecer o valor inestimable de mulleres valentes que abriron sendeiros para cambiar o noso mundo.
hoxe transitamos eses camiños grazas a todas elas, que lograron que dereitos como o acceso á educación, a xustiza laboral ou sufraxio universal foran progresos sociais que levan tamén nome de muller, loitando polos espazos que nos correspondían. Co seu esforzo, conseguiron dar visibilidade a moitos dos logros acadados ao longo da historia da humanidade, tras os que houbo mulleres que a historia relegou a un inxustísimo segundo plano.
Por iso, hoxe non poderíamos entender onde estamos se non poñemos en valor o traballo de aquelas mulleres pioneiras que loitaron pola igualdade de xénero en todos os escenarios, incluíndo o activismo social e político , en momentos nos que os homes ocupaban a gran maioría dos espazos de poder e de toma de decisións.
No mes de decembro do ano 2024, segundo datos do INE, o paro rexistrado en Marín foi de 1.062 persoas, das que 640 eran mulleres e 422 homes. A franxa de idade con máis dificultades de emprego é de 25 a 44 anos, superando a cifra as mulleres maiores de 45.
Isto condiciona o poder adquisitivo das mulleres e favorece a asunción de tarefas domésticas ou de coidades non corresponsables durante o resto da súa vida, mermando a súa calidade de vida e o seu desenvolvemento persoal e profesional. E a esta situación, súmanse outras cuestións de especial relevancia, o edadismo e a feminización do envellecemento, que reducen a estereotipos a figura das mulleres maiores.
Desde o Concello de Marín queremos poñer en valor con esta declaración a resiliencia e a capacidade das mulleres que foron abrindo camiños e que hoxe seguen merecendo o mesmo apoio que as máis novas para o seu empoderamento e respecto social. Para iso, é preciso poñer en marcha accións que melloren a súa calidade de vida.
Como sociedade debemos responsabilizarnos para conseguir un cambio social, real e efectivo, que incorpore ás mulleres como iguais en todos os escenarios de actuación, sen limitacións de idade, raza, relixión ou nivel cultural.
Polo tanto, comprometémonos a apoiar medidas efectivas e reais que traballen en prol da igualdade e contra calquera forma de discriminación e poñemos o foco sobre as que camiñaron antes ca nós, para seguir escoitándoas e que nos sirvan como faro para seguir construíndo coas súas aportacións, coñecemento e experiencias unha sociedade máis xusta, libre e equitativa”.
Recuerdo a todas las concejalas del Concello de Marín
La regidora municipal hizo presente en su discurso a todas las concejalas del concello incluyendo a Pancha Salazar que fuela primera y anterior incluso a la etapa democrática y tuvo especial recuerdo para su hermana Marta, recientemente fallecida, allí representada por su esposo

Manuel Alberto Torres Viqueira (Pipo).
Hizo referencia a todas las demás situándolas en sus respectivas épocas:
Mª Pilar Calviño Barreiro. 1ª presidenta do Ateneo Santa Cecilia. Concelleira na 1ª, 3ª e 4ª lexislatura, en distintos períodos entre o 1979 e o 1991.
* Mª do Mar Santiago Pesqueira. Concelleira na 1ª e na 2ª lexislatura, entre 1979 e 1983.
* Mª Luisa Calvar. Concelleira na 2ª lexislatura, do 1981 ao 1983.
* Mª José Martina (Marta) Salazar Martínez. Concelleira na 3ª lexislatura, do 1983 ao 1987.
* Enriqueta Otero Farto. Concelleira na 3ª lexislatura, dende 1983 a 1987.
* Isaura González Dopazo. Concelleira na 3ª e 4ª lexislatura, entre 1983 e 1991.
* Dona Consuelo Carnero Cerviño. Concelleira na 3ª e 4ª lexislatura, entre 1983 e 1991.
* Dona Mª Isabel * * Martínez Epifanio. Concelleira na 3ª lexislatura, entre 1983 e 1987.
* Margarita Fariña Pérez. Concelleira na 4ª lexislatura, de 1987 a 1991.
* Mª Isabel González Santiago. Concelleira na 4ª lexislatura, do 1987 ao 1991.
“Sodes artífices do cambio - añadió - abrindo as portas da participación das mulleres no activismo político e socio-cultural de Marín e, a semente plantada deu froitos que deberán ser recollidos polas seguintes xeracións de mulleres e así deberá continuar"
Testimonios de cinco exconcejalas

A continuación cinco de las exconcejalas, María do Mar Santiago, Queta Otero, Consuelo Carnero, Isabel Martínez y Margarita Fariña, intervinieron, en algún caso con especial emotividad, para dejar constancia testimonial de su paso por sus responsabilidades municipales y de las inquietudes que las llevaron a ellas a las concejalías de las corporaciones municipales de las que formaron parte.

La alcaldesa entregó un artístico obsequio recuerdo a cada una de las exconcejalas presentes
A esta intervención en vivo de las exconcejalas indicadas, le siguió la proyección de un vídeo que recogía otros aspectos de su historia personal relacionada con sus responsabilidades políticas y, terminada la misma, la alcaldesa cerr´po el actodiciendo :
“Quixera despedir este acto agradecendo o labor de cada unha das precursoras que abriron camiños para todas nós. O seu talante de servizo público deixou pegada nos logros conseguidos ata o de agora, tamén nos modelos referentes dos que as novas xeracións se nutren para garantir que o principio de igualdade e as reivindicacións lexítimas das mulleres sexan tidas en conta e para rematar quixera pedir un forte aplauso para elas e felicitalas por todo o traballo realizado, porque dende distintos cores políticos, tiñan unha meta común: o compromiso co benestar municipal e especialmente a loita por ocupar un lugar onde poder transformar a vida das mulleres”. Aplauso que, en efecto la numerosa existencia hizo sonar prolongadamente en la sala.
Discurso de la alcaldesa

La alcaldesa se dirigió a los asistentes y, principalmente al colectivo homenajeado con el siguiente discurso:
8 DE MARZO DE 2025.- SEGUIMOS DANDO PASOS.-
O Día Internacional da Muller é unha data para destacar, en primeiro lugar pola súa propia historia cargada de reivindicacións xustas e de graves acontecimentos que conduxeron a tomar conciencia sobre os dereitos da muller na sociedade: a precariedade laboral á que eran sometidas, o sometimento á vontade da sociedade que excluía ás mulleres do espazo público e as deixaba relegadas ao espazo privado.
É un luxo teros aqui, a todas, as que desde sempre soamente coa vosa presenza engrandecestes este salón de Plenos, as vosas palabras, exposicións, defensas, dialéctica, retumbaron nestas paredes con outro son.
Fostes valentes, somos e seguimos sendo valentes e fortes. A crítica sempre é mais dura de cara ao feminino. E segue, queridas amigas séndoo. Pero nin un paso atrás, nin desalento posible. Sí impulso e convicción, política da boa e vocación, tamén fai falta vocación para o público.
Compaxinar desde a vida local a vida familiar, a intensidade que ten esta experiencia voluntaria e maravillosa é complexo, absorvente pero emocionante. E si ademáis tes a sorte de ser muller, a intensidade ainda é maior. Abarcalo con vida familiar, con fillos, fillas, cos nosos maiores se nos toca coidar, éso é unha maravilla, pero implica múltiples esforzos que penso só están ao alcance das mulleres.
As que estades e estamos, pero as primeiras fostes valentes, destes o paso, orgullosas de dalo e estamos en débeda intensa con vós. Eran uns tempos de ilusión, de convicción, tempos de verdade, con avances, con camiños que se ían abrendo, pero cun respeto entre todos. Porque o fixemos entre todos.
Foron homes os que os trouxeron ata aqui, eles apostaron por mulleres interesantes, perfiles públicos impecables e que lles aportaron moito, José Manuel Pierres Martínez, Antonio Pena Piñeiro, José Emilio Esperón, Gonzalo Arís Leiro, Antonio Santiago Fernández, Augusto Casal, Francisco Veiga Soto... Houbo as primeiras candidaturas femininas, incluso nunca lexislatura as 4 que nos presentabamos éramos as 4 mulleres. Pero sí que temos un plus, hai que seguir, as cuotas facilitaron esa porcentaxe, pero debe ser ocupado con criterios de calidade, estar nese sitio porque ti o vales.
Demostrar sempre máis, conciliar sempre a maiores, todavia quedan moitas rutinas feitas desde ese esquema masculino que tanto tempo marcou, pero xa estamos nesa posible volta. É necesario favorecer o desenvolvemento pleno das mulleres desde cada unha das institucións que temos o privilexio de contribuir ao benestar da nosa sociedade, sempre desde o respecto ao conseguido por tantas mulleres pioneiras e artífices do cambio e continuando o seu legado desde o diálogo e buscando solucións que conduzan ao que é de xustiza, con perspectiva de xénero.
Para esta tan necesaria transformación no é suficiente con modificar aos patróns que representan a base das inxustizas hacia as mulleres, tamén é imprescindible a unidade e a toma de conciencia de que todas as persoas somos necesarias, cada unha desde o seu propio ámbito e desde a súa diversidade enriquecedora.
Non podemos converter este día nun foco de conflicto e desalento, senón nunha data de acción conxunta onde cada entidade, institución ou asociación colabore e participe aunando esforzos, porque o que nos move é chegar á mesma meta, conseguir a igualdade plena das mulleres na nosa sociedade. Todos e todas debemos aportar, todas e todos debemos avanzar, debemos educar, debemos engadir, debemos entender e debemos construir.
Levou moito tempo chegar ata aquí, unha sociedade máis libre, máis formada, con máis oportunidades e con máis tolerancia, nada que ver cos tempos das nosas nais e avoas. E ese avance debe seguir, queda por facer, temos que seguir apartando pedras no camiño, gañándo a batalla á violencia de xénero, compartindo visións e sumando diferencias, pero xuntas, sen política e sen xénero, subindo peldaños e acadando cimas que non poidan deixar atrás a nadie.
A tolerancia e o respecto, a sinceridade e a autenticidade, a sensatez e o rigor, o exemplo e a ilusión deben presidir o noso camiño, con atallos si fora posible, pero cunha meta que debe marcar o noso destino, consumindo a nosa vida, que aún así, non nos vai chegar, entregando un bo testigo que non cuestione nada do gañado ata o momento, onde o relevo se entregue de xeito útil, limpo i efectivo. Temos e estamos vivindo un momento apaixonante, único, sen límites e sen fronteiras. Estaremos cando estemos todas e avanzaremos se avanzamos todas e todos.
Con sinceridade, onde as mulleres de todas as idades, as que tiveron oportunidades e as que tiveron unha vida moito máis complicada, as que son coñecidas e as que pasan inadvetidas, as que destacan na súa profesión e as que levan unha vida rutinaria por decisión propia, pero con ilusión, alegría, vendo hacia todas partes, sacándolle froito ás habilidades e sendo o máis natural posible.
Presido neste momento unha Corporación de 10 homes e 10 mulleres, e cando eso sucede, como sabedes todas, desempata o voto de calidade, neste caso o de unha muller, e teño a honra de ser a primeira.
Por nós, pero polo futuro que debe ser vivido en igualdade, pero da boa, da auténtica.
Moitas grazas a todas!!!
Recuerdos y pincho de celebración

El acto tuvo como final la entrega de unas tazas de recuerdo de este Día Internacional de la Mujer con el cartel impreso en ellas, artística y acertada obra de Belén Diz y en la planta baja de la Casa Consistorial se ofreció un pincho a los asistentes con los que se dio por cerrada la celebrción.