Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A conselleira de Medio Ambiente visitou onte a zona onde se desenvolven as actuacións do saneamento do río Lameira

Carriola.Cons.Med.Amb./Redacción 12.03.25

julio@carriola.es

Entre as intervencións previstas, cómpre resaltar a renovación dun dos colectores chave para o conxunto do sistema e a construción dun novo depósito de retención que regulará e rebaixará os caudais de augas pluviais que chegan ata a EDAR. Ángeles Vázquez salienta que con estas obras se optimizará o saneamento municipal, que se caracteriza por ter unha rede moi extensa que engloba tanto a área urbana como gran parte das zonas rurais e concentra os seus problemas na zona portuaria

A Xunta avanza nas obras para a mellora da rede de saneamento da contorna do río Lameira, ao seu paso por Marín, unha actuación na que se investirán máis de 3 millóns de euros e que beneficiará a unha poboación potencial de case 10.000 persoas unha vez estea rematada a finais deste mesmo ano.

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, visitou onte a zona na que se están a desenvolver os traballos, concretamente, a renovación do colector xeral do Lameira, que é unha das pezas clave para o funcionamento de toda a rede municipal xa que capta os caudais dunha parte significativa do núcleo urbano e desemboca finalmente no bombeo do río.

Mil seiscentos metros de colector e un depósito regulador

Acompañada polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, a conselleira explicou que esta é unha das dúas actuacións principais incluídas no proxecto que está a executar Augas de Galicia, co fin de mellorar o colector actual, de 1.600 metros desde a súa orixe na PO-313 ata a ponte Zapal, e retiralo do leito do río.

Así mesmo, as obras en execución tamén prevén a construción dun novo depósito de retención que actuará como elemento regulador dos caudais de pluviais que chegan ata á estación depuradora de augas residuais (EDAR) municipal.

O obxectivo tanto da renovación do actual colector como do resto de intervencións puntuais programadas noutros puntos da rede de saneamento é rebaixar as escorrentías que chegan ata o río Lameira, especialmente en épocas de choiva.

Mellora importante para unha rede moi exensa

Neste sentido e tras agradecer a colaboración municipal, Ángeles Vázquez salientou que con estas obras se optimizará o sistema de saneamento de Marín, que se caracteriza por ter unha rede moi extensa na que se engloba tanto a área urbana como gran parte das zonas rurais do municipio e que concentra os seus problemas na zona portuaria.

As obras beneficiarán especialmente ás poboacións das parroquias de San Xián de Marín e Santa María do Porto, cun total de 9.107 veciños e veciñas atendidos e co obxectivo de chegar a futuro a preto de 10.000.

En todo caso, a conselleira quixo poñer en valor que no deseño das actuacións que se están a acometer no río Lameira se tivo en conta tamén o criterio de “humanización” da zona para que o conxunto da veciñanza de Marín poida gozar deste espazo fluvial e pasear pola súa contorna unha vez rematados os traballos.

A Alcaldesa destaca a importancia da obra

María Ramallo, alcaldesa de Marín, pola súa banda, presente no acto da visita da conselleira a esta obra, tras agrdecer a presencia da titular da consellería , do director de Augas Galicia e do responsable da obra, recoñeceu a dificultade que ten esa obra “pouco lucida e moi taltosa para os veciños” - dixo, pero destacou a súa importancia para mellorar sensiblemente o saneamento da zona contando co feito na Avenida de Ourense, na Depuradora de Placeres e tamén do emisario recentemente mellorado. Ramallo asegurou citou a dificultade que ten esta obra en relación co saneamento existente, mellorado por tramos pero aínda con problemas sobre todo pola falta de referencia de cotas e tuberías nalgúns caso das que en moitos casos non existe documentación que facilite calquer traballo de mellora.

A alcaldesa agradeceu a paciencia, principalmente dos veciños ante unha obra tan complicada  pero estimou que, a pesar das dificultades, vai en boa liña de execución. Finalmente agradeceu o esforzo xeral pouco visible pero real por parte dos servicios tècnicos, da Policía Local e dos membros da Corporación Municipal, e destacou a importancia da inversión de tres millónes de euros por parte da Xunta de Galicia que suporán unha mellora medioambiental moi importante que realzará o valor de toda a zona na que se desenrolan os traballos.

roslev