Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Ateneo Santa Cecilia convoca o XI Concurso de relato curto co gallo do Día das Letras Galegas

Carriola.Ateneo S.Cecilia 13.03.25

julio@carriola.es

O Ateneo Santa Cecilia de Marín convoca o XI Concurso de Relato Curto “Marín Conta” – Letras Galegas 2025, aberto á participación de escolares dos centros de ensino de Marín e, atendendo á súa proximidade xeográfica, tamén a Placeres.

Poderán participar todos/as os/as alumnos/as que o desexen, de educación primaria, e educación secundaria, cun único texto de creación literaria en lingua galega e cunhaextensión máxima de 2 folios a unha soa cara (os traballos que superen esta extensión quedarán descalificados inmediatamente do concurso). Os traballos deberán presentarse mecanografados, empregando o tipo de letra “ Arial”, en tamaño 12 e a dobre espazo. No caso de escolares de primaria, acéptanse traballos manuscritos.

CADA COLEXIO PODERÁ PRESENTAR UN MÁXIMO DE 12 TRABALLOS POR CATEGORÍA

Tanto a temática como o xénero narrativo serán libres, establecéndose como única condición que o relato aconteza en Marín. Os textos presentados deberán ser inéditos , non estar premiados en ningún outro certame anterior, nin estar pendentes de resolución doutro concurso.

Os relatos presentaranse cun “lema” pola parte traseira da última folla e sen o nome do/a autor/a. O centro escolar xuntará aos traballos un sobre onde, para cada lema, aparezan os seguintes datos: nome e apelidos do/a autor/a, curso, colexio, enderezo postal ou correo electrónico e teléfono, facendo constar tamén a categoría na que participan. Os traballos deberán presentarse na sede do Ateneo Santa Cecilia de Marín (Rúa do Forno, nº 42, baixo - 36900 · Marín · Pontevedra). Poderán entregarse en persoa ou remitirse por correo electrónico (ateneosantacecilia@gmail.com).

O prazo de recepción dos traballos remata ás 20:00 horas do LUNS, 28 de abril de 2025.

O Xurado estará formado por tres persoas e o seu fallo será inapelable, puidendo declarar desertos os premios dunha ou máis categorías se así o considera. O mércores 14 de maio daranse a coñecer os traballos finalistas en cada unha das tres categorías do concurso (Primaria, ESO e Bacharelato/FP). O fallo e entrega de premios terá lugar o venres 16 de maio ás 20:00 h. no local do Ateneo Santa Cecilia.

PREMIOS

Establécense tres premios por cada categoría:

Primaria A (1º, 2º e 3º)

1º premio: 60€

2º premio: 40€

3º premio: 30€

Primaria B (4º, 5º e 6º)

1º premio: 70€

2º premio: 50€

3º premio: 40€

ESO

1º premio: 80€

2º premio: 60€

3º premio: 50€

OS PREMIOS PODERÁN CANXEARSE EN CALQUERA LIBRERÍA DE MARÍN

Todos/as os/as finalistas recibirán asemade, un diploma acreditativo da súa participación.

Os textos premiados quedarán en poder do Ateneo Santa Cecilia de Marín que se reserva o dereito da súa publicación así como a difusión da autoría do texto e a imaxe do seu autor/a. O Ateneo Santa Cecilia non devolverá os orixinais presentados ao concurso.

Os/as autores/as, polo feito de participar neste certame, aceptan as presentes bases así coma o fallo do xurado. Para todas aquelas cuestións non previstas nos apartados anteriores, aplicarase o criterio inapelable do xurado. O incumprimento de calquera dos puntos das bases descalificará, de inmediato, o traballo presentado.

 

 

roslev