Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Marcos Martínez Rosales: “Este meu libro é unha mensaxe de amor e vulnerabilidade para o Mundo”

Carriola.Redacción. 14.03.25

julio@carriola.es

Marcos Martínez Rosales é un rapaz de Marín que con menos de dezanove anos de idade pon no mundiño literario a súa primeria obra de poema, “El último poema del Niño Poeta” nun acto que terá lugar no Museo Manuel Torres hoxe ás 20 horas

Un alma sensible que naceu para refrexar os seus sentimentos na poesía é Marcos Martìnez Rosales, un rapaz que empezou os seus estudios no Instituto Mestre Landín onde descubriu que expresar os sentimenos no papel era un modo de  experimentar intensamente a súa realidade. “Desde ben neno sempre sentín a paixón pola escruitura e cando fun dominando as palabras descubrín a complexidade que é ter un corazón” - nos manifesta Marcos na breve conversación que mantivemos con él a raíz do anuncio da presentación deste seu primeiro libro.

“Co sentimento nos que me faltan”

Marcos fai desta obra poética unha mensaxe de amor e de lembranza para quen xa non está á súa beira moi a o seu pesar  “Sí, de amor e vulnerabilidade para o mundo e para a xente que perdín neste último ano, como o meu avó materno, "Sarles" , un comerciante que probablemente coñecestes, e tamén ao meu pai, que morreu cando era moi novo

Con agradecemento a quen tivo fe nel

O nobel poeta ten palabras de agradecemento e recoñecemento para quen confiou nel. “Fun aluno do IES Mestre Landín, no que me animaron a continuar coa miña actividade literaria, igual que  o bacherelato, no IES chan do Monte, no que coñecín a persoas incribles e onde aprendín leccións moi necesarias.
Unha obra de refuxio e reflexión
Nunca é doado saber de primeiras o que os poetas queren refrexar claramente coas súas obras. Hainos que se conforman con compoñer de desbotar de inmediato o seu sentimento ante a súa propia obra. Marcos tenno moi claro ao respecto Espero que a xente poda sentirse refuxiada nesta obra, e reflexione tamén sobre o uso que lle damos ao corazón.

Pois hoxe ás oito da tarde no Museo Torres, coa presentación de Sandra Ruibal, teremos a oportunidade de presenciar o nacemento dun poeta que empeza, non será certo, por presentar “El último poema del niño Poeta”. É que os poetas son así.

roslev