Carriola.Redacción. 14.03.25
Cada ano, no Día das Letras Galegas o Concello de Marín entrega un premio literario alternativo sendo un ano de narración e o seguinte de poesía. Nesta ocasión será a decimoctava edición de relato que está dotado cun premio de 1.000 euros

Nesta edición contarase cun xurado especializado como é o que formarán os xornalistas Susana Pedreira e Ramón Rozas xunto coas novelistas Arantza Portabales e Elena Gallego que será o que decida o nome do gañador da obra premiada.
A concelleira de Cultura, Marián Sanmartín presentou xunto coa alcaldesa María Ramallo esta nova edición do premio manifestando que a intención é “Repetir o enorme éxito que tivo a convocatoria do ano pasado no que tocou poesía, pero agora coa narrativa curta e motivar ás persoas apaixoadas da creación literaria a que se animen a participar”.
Sanmartín dstacou a calidade do xurado co que se conta nesta edición formado por catro persoas de relevancia no mundo literario o que garantiza a mellor elección da obra premiada
Aberto a calquier autor pero sempre en Lingua Galega
“O certame está aberto a todas as persoas de calquera nacionalidade, que sexan maiores de idade (18 anos), podendo presentar unicamente un traballo por persoa” manifestou a cocnelleira de cultura engadindo “Os traballos serán en lingua galega, orixinais e inéditos, de temática libre e cunha extensión mínima de 5 páxinas e máxima de 10”.
Os criterios de valoración que se terán en conta serán a orixinalidade no tratamento da temática e na súa exposición literaria, o emprego dunha linguaxe e estilo ricos, así como o rigor e a calidade da obra.
Prazo, xeito de presentación e dotación do premio
O prazo para presentar manuscritos será ata o 2 de maio ás 14.00 horas, a través do sistema de plica, enviando os traballos ao Concello de Marín en dous sobres separados, coa obra firmada baixo seudónimo. O premio será único e indivisible e estará dotado coa contía de 1.000 euros.
O xurado dará a coñecer o fallo o 14 de maio, xa que a entrega do premio formará parte do acto institucional que se celebrará polo Día das Letras Galegas.
Unha programación intensa
Sanmartín avanzou que o acto institucional do 17 de maio no que se entregará o premio “Formará parte dunha intensa e longa programación, que se estenderá durante toda a fin de semana, na que albergaremos un evento literario de gran envergadura” e engadiu, “Durante a próxima semana comenzarán darse as primeiras informacións, pero podemos adiantar que será unha iniciativa coa que Marín se transformará tendo a literatura como eixo central”.