Carriola.Redacción. 21.03.25
Anxo Tato é un dos xogadores da Liga de Padel organziada por Padelasga, un xogador que empezou neste deporte unpouco por casualidade pero asegura que a afición polo mesmo é crecente a medida que o practica
“Como diría Joaquín, non collín unha raqueta na vida, pero como para as pachangas de fútbol precisas poñer a moita máis xente dacordo, comecei a xogar ao pádel. E podo dicir que canto máis xogas máis engancha” asegura Tato cando lle preguntamos polos seus comenzos neste deporte.
Para este xogador o factor mental é importantísimo na práctica do pádel: “Coido que o nivel é semellante e que o factor mental fai moito. Se cando estás 'fallón' eres quen de só devolver bólas e non cometer erros non forzados podes darlle a volta a situación; moitos partidos decídense máis por momentos anímicos que realmente por diferenzas de nivel entre a xente”.
Un xogador moi regular
Está claro que Tato esta demostrando unha regularidade importante nos seus resultados. Para él non hai segredo e nos explica cómo o consegue “Como dixen antes, intentando quitarme presión,ogando a divertirme e non pensando en competir aínda que a todos nos gusta gañar”.
O noso invitado de hoxe non quere presumir de mentalización nin excesiva preparación “Aínda que vou o ximnasio, non é plan de enganar a ninguén, a preparación física non é o meu punto forte que digamos - ríe -, e a mental pois tampouco. Eu vou a divertirme e é certo que a diferenza de idade con moitos rivais axúdame en certas ocasións”.
¿Estratexia?... non teño, pero hay que manter e recuperar a confianza
Os xogadores de pádel presumen moitas veces de ter unha estratexia preconcebida no seu xogo. Para Tato “A estratexia principal é esa que comentaba antes, cando levas varios puntos seguidos fallando intentar só devolver bólas e non apertar ata que volva recuperar a confianza e aí si arriscar un chisco máis. En realidade - recoñece -a miña forma de xogar é de un pouco cabra tola ás veces, o cristal é o meu amigo, golpéoo moito. Gústame xogar a esquerda para ter máis opcións de remate, aínda que son consciente de que me queda moito por mellorar no revés”
Obxectivo: pasalo ben
Insiste Anxo tato no seu sentido neste deporte cando lle preguntamos qué obxectivos ten nesta tempada “Obxectivo?...Ningún específico; pasalo ben e coñecer xente para xogar”
O crecemento da Liga Ranking Pádel
Como practcante e participante na Liga Pádel Tato ten clara a súa opinión sobre o desenrolo e crecemento da mesma: É un crecemento lóxico o que ten porque está moi ben cun ambiente nos partidos magnífico polo que é normal que cada vez se vaia sumando máis xente porque o deporte engancha e ese factor "competitivo" e algo máis serio que nun partido de adestramento faino moi divertido. Ademais - engade - ao ir trocando de parella fai que teñas que ir amoldando ao xogo do teu compañeiro. Creo que iso é algo que debería animar moito á xente a animarse e empezar a competir”