Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Pabellón e A Raña acolle este fin de semana a Copa Internacional que lembrará o legado de Pablo Hinojar

Carriola.Redacción. 21.03.25

julio@carriola.es

A alcaldesa, María Ramallo, e o concelleiro de Deportes, Antonio Traba, acompañados de Blanca García Señoráns, xefa territorial da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia e da Federación Galega de Ximnasia, presentaron este evento, que traerá a Marín a máis de 300 deportistas

A “XV Copa Galicia Internacional de Ximnasia Trampolín” sempre é unha cita esencial no calendario deportivo de Marín, pero este ano aínda ten un plus máis especial, xa que se fará o I Memorial Pablo Hinojar, para que todo o mundo da ximnástica poida recordar o legado do que fóra seleccionador española desta modalidade ata o seu falecemento.

Trescentos participantes

O evento, que durará toda a fin de semana e se emplazará no Pavillón da Raña, foi presentado onte pola alcaldesa, María Ramallo, e o concelleiro de Deportes, Antonio Traba, acompañados de Blanca García Señoráns, xefa territorial da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia e da Federación Galega de Ximnasia.

No acto, Belén Ferreira, secretaria da Federación, explicou que esta edición “ten récord de  participación, con 300 participantes que se dividen por grupos de categorías e  aparatos”. A directiva do ente deportivo tamén tivo palabras para Hinojar, Porque  era un campionato no que el traballaba moito para que saíse adiante e queremos que sexa un recoñecemento a todo ese traballo”.

Pola súa parte, a alcaldesa destacou o importante legado “dunha figura esencial para poñer a ximnasia no punto tan alto no que está” e desexoulles a todos os deportistas que estarán en Marín esta fin de semana “que esteades da mellor maneira posible”.

roslev