Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Ateneo inaugura hoxe a “XXXII Mostra Voila la Femme” na que participan cinco artistas femininas

Carriola.C.SX. 21.03.25

julio@carriola.es

Hoxe venres, día 21, ás 20.00 horas, o Ateneo Santa Cecilia de Marín inaugura a 32 edición da exposición de mulleres “Voilá la Femme”, baixo a coordinación e comisariado de Celeste Garrido e o patrocinio do concello.

As mulleres participantes na mesma son: Jimena Rodríguez Vidal, Nerea Cordeiro Cerviño, Dana Latorraca Población, María Luisa Silvela Costoya e Mónica Pintos Alfaya; 4 delas, mulleres galegas e una nada en Venezuela pero con arraigo na nosa comunidade xa que estudou BB.AA. en Pontevedra, e de varias xeracións xa que a franxa de idade das artistas oscila entre os 20 e os 60 anos o que fai que a actividade sexa moi enriquecedora.

HISTORIA DE “VOILÀ LA FEMME”

Esta exposición naceu no ano 1992 e , dende entón, participaron na mesma una numerosa selección de mulleres artistas de prestixio.

A exposición, á que puxo título Yolanda Herranz (tomando como referencia a obra Voilà la femme (He ahí la mujer) do artista francés: Francis Picabia, inaugurouse na sede do Ateneo Santa Cecilia e, dende entón, vense convocando anualmente no mesmo lugar O obxectivo principal da mostra é o de conmemorar o 8 de marzo-Día Internacionbal Da Muller- dando a coñecer a creación artística realizada por mulleres, xerando unha reflexión sobre a identidade e a desigualdade.

No ano 1998, Celeste Garrido asume o comisariado da exposición, iniciando una nova etapa caracterizada por una aposta firme polo arte “emerxente”. A súa determinación e compromiso conqueriron que Voilá la Femme” se posicionase como o proxecto expositivo feminista con maior traxectoria de toda Europa e facendo posible que no 2025 se faga a edición número 32 da mostra, dando así continuidade a una proposta cuxo interés xa traspasou fronteiras, convertíndose nunha das exposicións máis citadas nas tesis doctorais vinculadas ó arte e ao feminismo.

Sería inxusto non recordar que esta mostra foi promovida, orixinalmente, por Antón Sobral e Antón Castro, ámbolos dous homes visionarios que entenderon que , tanto no arte como en calquera outra disciplina, non se pode excluír a á metade da poboación, porque iso sesga tódalas miradas e nega a verdade.

No 2022, “Volilá la Femme expúxose no Museo de Pontevedra (Sala Castelao), esta foi unha edición especial aniversario comisariada por Yolanda Herranz Pascual e Celeste Garrido Meira, artistas, docentes e investigadoras, para poñer en valor e preservar a memoria dos procesos de traballo das creadoras galegas.“A selección das obras realizase a través dunha convocatoria pública, que soe ser masivamente atendida por estudantes da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, o que convirte esta mostra nun evento a través do que se consigue dar visibilidade a un gran número de xoves artistas, chegando a vincular as súas propostas ás doutras creadoras cunha traxectoria máis consolidada”.

Celeste Garrido, comisaria e coordinadora da mostra

Celeste Garrido , premio "Facendo Historia" 2024

Artista, activista e educadora, nada en Marín. Graduada en Belas Artes e Master en Creatividade Aplicada. Persoa comprometida como artista e como muller, que establece na su obra un posicionamiento crítico, enfocado a defender os dereitos das mulleres e nenas, denunciando a desigualdade e a violencia de xénero.

É socia fundadora da Colectiva Portal de Igualdade, un grupo transdisciplinar e transnacional de mulleres e homes, que promove a equidade de xénero nos Museos e Centros de Arte.  Comisaria da exposición “Voilá la Femme”, dende o ano 98, labor que foi recoñecida co Lazo Violeta ou cos premios “Haciendo Historia 2024” en España e polo que se lle otorgou o Doctorado Honoris Causa da Universidade Instituto Socrático Americano, en México, pola súa contribución ao mundo da Arte e a Cultura de forma altruista.

Dende 2024 á membra da Asociación MORE Latinoamérica, contribuindo a impactar a vida de miles de mulleres a través da Educación integral das mesmas.

roslev