Carriola.Redacción. 06.04.25
O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, acudiu a unha das zonas onde xa se está a actuar porque o Concello ten xa iniciada a campaña de limpeza e roza dos viarios do rural.
O responsable do rual na corporación, Novas Caballero achegouse ata o lugar de Pedreiras, onde xa están traballando estes días os operarios da Fundación Juan XXIII, encargados da realización dos traballos.
“Esta brigada de rozas a pé da entidade social - segundo indicou o edil - será a que realice os labores nos camiños e viarios de paso estreito aos cales non se pode acceder co tractor desbrozador do Concello”.
Con criterios de necesidade
“A planificación dos traballos - engadiu Novas - responde a criterios de necesidade, considerando o calendario festivo da localidade, a tempada alta de praias e a prevención de Incendios e, o fin de facilitar a comprensión do calendario de intervencións, o Concello ten a disposición esta información na súa páxina web e nas redes sociais”.
Por outra banda informa que “Ademais dos traballos de roza manual e do tractor municipal, o Concello contrata os traballos de roza mecánica en todos os viarios de titularidade municipal, debido ao crecemento rápido da vexetación na época primaveral e para garantir a seguridade viaria. Esta limpeza comezará a primeira semana de maio”.
Relatorio de zonas a desbrozar e datas previsibles
O Concelleiro explicou cómo se vai desenrolar a campaña mediante a acción nas seguites zonas e días de traballo:

ZONA 1: 1 de abril - 20 de maioPedreiras, A Estivada, Arealonga, Pituco, Cañota, Pitanxo, A Laxe, O Carragal, Casal, Bravos, Viñas Brancas, A Raña, Outeiro, Carballal, Igrexario de San Xulián, A Grela, A Bouza, Pena, Caeiro, Coirados, A Roza, Vista Alegre e Macenlle.
ZONA 2: 21 de maio - 20 de xuño
Zonas entre a liña de costa e a estrada PO-551, dende a Escola Naval ata a Praia de Lapamán: Portocelo, Barriada de Mogor, O Monte, Raposeiras, Aguete, A Gorita, Montecelo, Loira, Bouzón, Moledo, Teoira e Casás.
ZONA 3: 21 de xuño - 31 de xullo
Resille, Lameiro, Cabodevila, O Pazo, Igrexario de Ardán, Picotes, Malvido, Vilaseca, Xuncal, Xermade, O Con, Bexa, Soaxe, Seixo, A Brea, Castro, Porteliña, Cidrás, Aniñada, Sequelo, Sete Espadas, Cruceiro do Vento, Outeiro, Igrexario de Mogor e Bagüín.
ZONA 4: 1 de agosto - 20 de agosto
Moreira, Pardavila, Fixón, O Pozo, Cadrelo, O Pereiro, Silvestre, Troncosa, Esperela, Ruanova, Sobreiras, Ameal, Oubiña, Currás, A Torre, Cernello, Igrexario de Santomé de Piñeiro, O Coto, Allariz, Miñán, Candóns e Pastoriza.
LIMPEZA DE MONTES: 20 agosto - 30 setembro
Montes do Barrio de Mogor (monte desde a de Pacita ata os petróglifos, monte desde os petróglifos ata o Cemiterio de Mogor, monte desde o Cemiterio de Mogor ata o Depósito de Augas), Monte Pituco, Monte Casal, Cruceiro do Vento e Monte Teixugueiras, Monte Castro da Subidá, Monte da Roza e Monte Chan da Lagoa de Pastoriza