Carriola.Redacción. 06.04.25
O Ateneo Santa Cecilia disponse a celebrar como é tradicional e ademáis una das súas principais actividades do ano o concurso de maios e barcos que, coma sempre terà a Alameda Rosalía de Castro o seu punto de encontro entre todos os grupos, e na Praza do Reloxo o o concurso
O pasado xoves, no local social do propio Ateneo celerouse unha reunión de persoas responsbales de grupos tanto maios como barcos para explicar e no seu caso recoller aspectos das bases do concurso que Santa Cecilia convoca coa colaborción do Concello e farà nesta ocasión o número setenta e dous desde que se recuperou esta festa en marín no seo desta asociación.
A convocatoria vai dirixida sobr todo a colexios tendo en conta que hay unha limitación de idade xa que, según se dixo na reunión a idade mínima d@s participantes será, a mínima, 2º ciclo de Educación Infantil e a máxima: alumnado de 2º de bacharelato. Tamén se extende a convocatoria a outras asociacións e colectivos da contorna.
Bases a ter en conta para a participación
Segundo indican desde o Ateneo, as bases de participación quedaron así determinadas:
1.- Os MAIOS terán forma cónica e os armazóns poderán estar feitos con calquera material. Terán que ter unha altura mínima ( dende o agarre) de 1.30m. e na súa decoración exterior só se empregaran elementos naturais ( no caso de ter que utilizar alfileres, estes serán da cor da flor (brancos para fror branca e amarelos para fror amarela) e o exceso na utilización de silicona ( sempre e cando se vexa demasiado), minguará a nota.
2.-As EMBARCACIÓNS serán de construción artesanal.
3.-A COROA deberá respectar as formas tradicionais dos maios de Marín e estará recuberta con material vexetal. Non se permitirán nin puntuarán engadidos de figuras ou outros símbolos non tradicionais, tendo coidado en que non se vexa o ferro da estrutura xa que puntuaría en negativo.
4.- Os grupos que desexen participar neste concurso, teñen que facer a súa inscrición antes das 20.00 horas do venres, día 25 de abril. Para elo, deberán cubrir a folla de inscrición que poden recoller na secretaría do Ateneo, sita na rúa do Forno, nº 42, baixo, en horario de luns a venres, de 18.00 a 20.30h. Á dita solicitude deberán xuntar 2 copias da letra coa que vaian participar neste concurso.
5.- A valoración dos grupos participantes farase mediante un XURADO nomeado polo Ateneo que puntuará de 1 a 10 a cada maio ou embarcación en cada un dos apartados correspondentes; puntuación que se fará pública ao remate do concurso. Este Xurado contará cun/ha secretari@ do Ateneo e o seu fallo será inapelable. 6.- Os apartados do concurso para MAIOS serán: letra-construción-coroa e interpretación.
Para EMBARCACIÓNS : letra e interpretación a non ser que a embarcación sexa de nova creación e entón tamén se valorará a construción, tendo dereito, se así o valora o xurado a un premio neste apartado.
7.-Tódolos grupos recibirán unha axuda económica polo simple feito de participar, ademais da tradicional rosca e o chocolate para @s compoñentes.
8.- As coplas deberán ir escritas en galego e serán de libre composición.
9.- Na interpretación ( cantaranse 4 estrofas se son de 4 versos e 2 se son de 8, máis a última), empregaranse as melodías tradicionais que se veñen cantando dende o ano 1952,tanto no caso dos maios como das embarcacións .
10.- A relación e contía dos premios farase pública nos medios de información local.
11.- Os grupos participantes terán, obrigatoriamente, que concentrarse ás 12.30 horas na alameda Rosalía de Castro, no entorno do palco da música ( nos círculos pintados no chan), e ás 17.00 horas, na Praza do Reloxo (a non ser que a organización lles comunique o contrario por mor de condicións climáticas adversas).
12.-A participación no concurso obriga á aceptación destas bases.