Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O “Peixe Galego” encara unha nova etapa con cambeos na directiva e baixo o paraugas do “V Plan Social ENCE”

Carriola.P.G.. 03.05.25

julio@carriola.es

Recibimos unha nota de prensa remitida polo clube “Peixe Galego que anuncia o comezo dunha nova etapa tras a celebración da asamblea extraordinaria o pasado mércores.

Este pasado mércores na asamblea extraordinaria do Club Baloncesto Peixefresco presentouse publicamente o proxecto a desenrolar baixo o paraugas do V Plan Social ENCE do que somos beneficiarios de “Baloncesto e Saude”, baseado en mellorar o traballo na base e complementalo con atividades de impacto na saude e nos hábitos saudables abertas a comunidade coma charlas, talleres de RCP e primeiros auxilios, nutrición.

Cambeos na estrutura da directiva

Confirmouse o próximo cambio na estructura directiva coa saida da dirección actual, en próximas datas agás Jose Luis Santiago. Un dos obxectivos da vindeira temporada e da nova directiva será manter e aumentar a colaboración e participación da masa social do clube na vida diaria do mesmo.

Dende o Peixegalego trasladar todo o agradecemento a directiva sainte pola sua total e inestimable adicación durante estes 10 anos no clube, no que se acadaron hitos importantes coma 2 ascensos a LEB Ouro, Campións en EBA e LEB PLATA,… O equipo sainte seguirá traballando de forma conxunta co entrante ata final de temporada, pero varios membros que seguiran ligados como colaboradores no clube.

Acordo de colaboración coa Universidade de Woxsen

Adiantouse o acordo de colaboración acadado coa Universidade de Woxsen da India, da que é vicerrector Raúl Villamarín, tecnólogo cognitivo, ex xogador do clube. Dita universidade éunha reputadísima institución con destacadas membresias a nivel internacional como AACSB Business Education Alliance o reconocmientos como la acreditación del programa EFMD MBA. O 16 de Xuño recibiremos a visita do Dr Anik Nandi para a firma do convenio.

#Forzapeixe

#enceplansocialpontevedra”.

roslev