Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Preto de 300 solicitudes para os campamentos do verán que cambian o pabellón do Sequelo polo da Laxe

Carriola.Redacción. 14.05.25

julio@carriola.es

De momento recibíronse exactamente 282 solicitudes pero o prazo mantense aberto ata o próximo venres. O Goberno local xa comunicou telefonicamente o cambio de emprazamento das quincenas do CEIP do Sequelo ao CEIP da Laxe polas obras previstas para o verán.

O Concello de Marín recibiu ata o momento 282 solicitudes para acadar unha praza nos campamentos de conciliación que se organizan durante os meses de verán. En total, ofértanse 250 prazas en Marín, 25 en Mogor e outras 25 en Seixo.

Durante esta semanas, o Goberno local chamou telefónicamente ás persoas interesadas para comunicar que haberá un cambio de emprazamento. As quincenas que estaban previstas para o CEIP do Sequelo pasarán a desenvolverse no CEIP da Laxe, debido a que están previstas obras tanto no ascensor como no pavillón do primeiro dos centros educativos.

Aínda se pode solicitar praza ata este venres.

roslev