Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

CARRIOLA DA OPINIÓN: O BNG disconforme co concurso da recollida do lixo

Carriola.Celia García (*). 25.05.25

julio@carriola.es

O novo concurso de recollida de residuos urbanos é negativo para Marín

Celia García (*)

No pleno extraordinario do 22 de maio, o Concello de Marín aprobou o novo contrato de recollida de residuos sólidos urbanos, un expediente clave polo seu impacto directo na calidade dun servizo esencial para a veciñanza. O BNG, que votou en contra, reafirmou o seu compromiso cun modelo de servizo público moderno, eficiente e centrado nas necesidades reais da cidadanía, lamentando que achegas importantes fosen ignoradas polo goberno local.

Durante os últimos meses, a formación nacionalista puxo enriba da mesa propostas construtivas e razoables, como a inclusión de cláusulas de reversión (xa existentes no contrato actual) dos vehículos, contedores e maquinaria ao finalizar o período de cobertura do novo contrato xa que a súa amortización de varios centos de miles de euros forma parte do canon anual a abonar pola administración e polo tanto deben de pasar a formar parte do patrimonio municipal; crear un punto limpo fixo para combater os vertidos incontrolados; aplicar criterios estritos de transparencia excluíndo empresas con antecedentes de conflitos xudiciais co noso Concello; deseñar unha planificación específica para grandes produtores de residuos como a Escola Naval; e analizar o impacto do canon de Sogama para avanzar cara a taxas máis xustas.

Porén o PP optou por aprobar un contrato notoriamente mellorable e que entrega material municipal sen compensación económica. Durante o debate tanto o grupo de goberno do PP como o PSOE recoñeceron que o documento presentado “non é un contrato perfecto”, obxectivo ao cal deben aspirar todos os grupos políticos en defensa dos intereses da nosa vila. Por iso sorprendeu o apoio sen reservas do PSOE, malia ter coñecemento das deficiencias e das alternativas propostas, avalando así un modelo de xestión que, na súa opinión, supón “un claro retroceso para os intereses da veciñanza”.

Aprobouse un contrato que prioriza os intereses da concesionaria sobre os intereses da vila e desbota propostas intelixentes, implicando un despilfarro de recursos. É un exemplo de mala xestión política e de falta de ambición para construír un servizo público moderno e sostible.

Sobre as condicións laborais o BNG apoia sen matices a mellora dos soldos e a estabilidade do persoal, inclusive o mantemento das 16 prazas establecidas ao inicio do concurso en vigor e non as 15 indicadas no novo prego, e leva anos reclamándoo tanto dentro como fóra do Concello. Pero lamentamos que o Goberno local reducise todo o debate a este único aspecto, ignorando as cuestións técnicas, organizativas e económicas que tamén son fundamentais.

Insistimos en que o as bases aprobadas non debería terse abordado como un mero trámite administrativo, senón como unha política pública estratéxica que requiría ambición, control e capacidade de resposta. Isto é de aplicación a todos os contratos pero con máis ímpetu no presente concurso de xestión de recollida de residuos urbanos que é o contrato de maior cuantía económica na historia no noso Concello. Lamentamos que o goberno local desbotase propostas útiles e transparentes, apostando por un modelo que considera inflado e prexudicial para os intereses da vila.

(*) Celia García é Concelleira Municipal do BNG

roslev