Carriola.Jonathan Carreira (*). 31.05.25
O Centro Comercial Aberto Estrela de Marín, ven de coñecer que foi un dos cinco centros comerciais abertos de Galicia e o único de toda a provincia de Pontevedra, que contará cunha achega económica para levar a cabo unha campaña comercial, que se englobará dentro do lema “O teu comercio local é extraordinario”
A campaña que resultou premiada por parte da Xunta de Galicia, denomínase “O Escaparate Estrela” e levarase a cabo no mes de outubro. Deste xeito, do 1 ao 11 de outubro os clientes que merquen ou consuman nos establecementos participantes terán a opción de gañar o escaparate estrela, un escaparate colectivo composto por produtos e servizos dos negocios de Marín. Con esta iniciativa, buscamos poñer en valor a oferta comercial da nosa vila. A Xunta de Galicia, valorou o carácter innovador e o alto valor engadido que xerará no tecido comercial.
En vindeiras datas, daremos máis detalles sobre a dinámica e todas as accións que se levará a cabo, na campaña “Escaparate Estrela”. Nesta acción, que se presentou na mesa local de comercio, colabora o Concello de Marín, cofinanciando a porcentaxe que non cubre a Xunta de Galicia.