Carriola.Dep.Prov.10.07.25
julio@carriola.es
O espectáculo “Xuntos pola Música” de Lys Pardo e Antonio Barros terá lugar na Alameda de Marín ás 22:15 horas. +Música está dotado este ano de 700.000 €, 100.000 € máis que o pasado ano, para colaborar cos concellos na súa programación cultural e difundir e fomentar a lingua e cultura galegas
A Deputación de Pontevedra leva este venres 11 de xullo a Marín o concerto tributo a Juan Pardo “Xuntos pola Música” de Lys Pardo e Antonio Barros, enmarcado na nova edición de +Música, o programa provincial que colabora cos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para apoiar a súa programación cultural e, con isto, difundir e fomentar a lingua e a cultura galegas. A actuación terá lugar na Alameda de Marín ás 22:15 horas, despois da lecturq de pregón das fests do Carme do que se encargará o grupo “Saljariteiros”.
En "Xuntos pola Música" Lys Pardo e Antonio Barros presentan un espectáculo musical no que as súas voces dan vida ao repertorio máis galego e de raíz do compositor, autor e cantante Juan Pardo. Un son fresco, emocionante e contemporáneo, ademais de tradicional, que recupera a esencia da música cantada en galego. O seu repertorio inclúe cancións e poemas musicados de autores como Eduardo Pondal ou Ramón Cabanillas.
O concerto de Lys Pardo e Antonio Barros e unha das 78 actuacións de +Música que se celebran entre os meses de maio e decembro nos 59 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia. Este programa provincial ten un orzamento de 700.000 euros, 100.000 euros máis que na pasada edición, cos que a Deputación aboa os custos de caché dos espectáculos e impulsa a reputación de Pontevedra como un destino cultural de primeiro nivel. A través de +Música, a institución provincial aposta pola descentralización da cultura e a programación de actos culturais de calidade.