Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O BNG presentará ao pleno deste mes unha proposta para impulsar un parque infantil cuberto

Carriola.Lucía Santos Omil (*).04.04.26

julio@carriola.es   

Estas instalacións cubertas ofrecen un espazo protexido e estable para as familias minimizando os riscos ligados ás condicións meteorolóxicas e, facilitando que as crianzas poidan utilizalas con regularidade

Lucía Santos Omil

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) presentará no próximo pleno municipal, que se celebrará o 9 de abril, unha moción para instar ao goberno local do PP (Partido Popular) a impulsar un parque infantil cuberto de titularidade pública na vila que permita garantir un espazo de ocio accesible, seguro e utilizable os 365 días do ano, con independencia das condicións meteorolóxicas.

Esta iniciativa cobra especial relevancia nun concello como Marín, cunha presenza significativa de poboación infantil e xuvenil, tal e como evidencian os datos de escolarización e estrutura demográfica. Centos de nenos e nenas utilizan diariamente

os espazos públicos de xogo, e as familias demandan alternativas que permitan manter rutinas saudables, espazos de encontro e actividades ao longo de todo o ano.

A proposta non é allea ao debate municipal noutras vilas e cidades galegas, pois danse como exemplo diversos concellos galegos que xa contan con espazos desta natureza, entre eles Poio, Vilagarcía de Arousa, Boiro, Lugo ou Culleredo, o que evidencia que se trata dunha solución realista, viable e xa implantada con éxito noutros territorios.

Así mesmo, o deseño do parque infantil que propoñemos debe responder aos retos medioambientais, apostando pola sustentabilidade e pola educación ambiental desde a infancia.

Estas instalacións cubertas ofrecen un espazo protexido e estable para as familias, minimizando os riscos ligados ás condicións meteorolóxicas e facilitando que as crianzas da vila poidan utilizalas con maior regularidade.

Dende o BNG consideramos que a creación dun parque infantil cuberto de titularidade pública constitúe unha resposta lóxica, razoable e acorde cun modelo de concello que aspire a garantir igualdade de oportunidades e acceso universal ao lecer infantil.

(*) Lucía Santos Omil, voceira do Grupo Municipal do BNG.

roslev