Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

El Gobierno Local justifica el pago del canon del puerto por la Dársena como una ineludible obligación legal

 Carriola.Redacción. 20.02.25

julio@carriola.es

Desde que se conoció, hace unos días , la obligación del Concello de pagar un canon de 13.000 euros anuales al Puerto por la utilización de la dársena que acogía históricamente a pequeñas embarcaciones de pesca, el revuelo de opinión es considerable y, tanto los partidos de la oposición como muchas personas en las redes sociales dejaron ver claramente, cuando menos su sorpresa por ello.

Y es ahora el propio Gobierno que preside María Ramallo (PP) el que sale al paso de las declaraciones y quejas con el siguiente comunicado:

O Goberno local leva traballando nos últimos dez anos en tratar de mellorar os espazos cedidos en uso á cidadanía por parte do Porto de Marín, tanto en superficie como no seu estado, o Paseo alcalde Blanco e a avenida de Ourense son boa parte delo.

* É importante recordar que na parcela da Praza de España gañáronse metros para o estacionamento, ordenouse toda esa zona e creouse unha barriga máis ampla na zona de acceso ao Paseo Alcalde Blanco. Agora, unha parte desa parcela permite ubicar o Auditorio de Marín, e seguimos avanzando para conseguir mais metros no arranque do paseo.

* Tamén se gañou o local do Parque Azul no que puxemos en marcha o Espazo Emprendedor, bonificado ao 100% e polo que non se paga ningunha taxa, e o local de hostalaría que construimos coa remodelación do Paseo Alcalde Blanco pagando as tasas que nos corresponden pola súa explotación.

* Nestes momentos, temos solicitado  á Autoridade Portuaria que nos ceda o outro local de hostalaría para que a concesión poida ser municipal, que pagará tamén as tasas correspondentes, despois de realizar os correspondentes estúdios económico financeiros.

* E nestes momentos estamos en proceso de crear as nosas piscinas naturais de auga salgada na antiga dársena portuaria para, unha vez máis, ganar espazos de calidade para a cidadanía e recuperar medio ambientalmente un lugar que se atopaba degradado e contaminado e que agora poderá ser utilizado para actividades náutico-deportivas e recreativas

O Pago é unha obligación pola Lei Estatal

En todos estes casos, (a excepción do Espazo Emprendedor) a Lei estatal de Portos do Estado obriga a que os concellos paguen un canon por eses espazos que se ocupan e que se utilizan a nivel público. A oposición coñece perfectamente esta lei, xa que hai canons que levamos pagando desde hai anos

Isto acontece exactamente igual en todos os concellos que contan cun Porto de Interese Xeral do Estado: Vigo, A Coruña, Vilagarcía e Ferrol

O prego que regula a concesión da dársena entre o Porto e o Concello reflexaba perfectamente o canon a pagar, en torno a 13.000 euros ao ano, que xa inclúen a bonificación do 50% que negociou o Concello coa Autoridad Portuaria, xa que se nón teríamos que pagar o dobre.

Tamto PSOE como BNG minten

Tanto o PSOE como o BNG fixeron alegacións a este prego, pero NINGUNHA relativa ao canon. Así que, minten cando din que non sabían nada da taxa e non lles pareceu que fora unha aberración ata que saltou á opinión pública, para agora utilizalo políticamente. Se non, por que non alegaron contra ela?

Integración cidade-porto segundo o qu epermite a Lei

Este Goberno quere seguir mellorando a integración entre o porto e a cidade e achegando Marín ao mar. A lei estatal actual non nos permite facelo doutra maneira. Temos que pagar canon por estes espazos mentres non haxa unha reversión dos terreos, como sucede en calquera porto de España.

Que nos parece que pagamos unha cantidade importante polas concesións, autorizacións e tasas ao porto, de acordo, pero estas son as regras do xogo, o concello quere poñer en valor todos estos espazos, e para invertir neles, neste caso hai que ter o título que o habilita que é a concesión deste espazo por 50 anos. A lei é o que dí, e en consecuencia seguiremos remando para ter este espazo mellorado e cun valor engadido que é importante .

Inversión de fondos europeos

Engadir, finalmente, que esta obra cústalle 0 EUROS AO CONCELLO*, xa que vai financiada ao 100% polos fondos europeos do Plan de Sostibilidade Turística que conseguiu este Goberno grazas á súa xestión e a ter unha estreatexia integral, coherente e con proxectos maduros pola que Europa decide apostar nos seus investimentos ampliando, incluso, a financiación en 300.000 euros para toda a urbanización do entorno da dársena.

Desde o concello sempre exploramos todas as possibilidades que nos da a normativa para poder dispoñer dos térreos de domínio público, a outra opción era non facer nada, e eso para este equipo de governo non é unha opción.

Convenios de cesión, concesións, autorizacións, desafectacións e reversións, son as figuras estudiadas para seguir caminando, e neste camino animamos a todos a continuar.

roslev